- Nado en Compostela, 1952.
- Casado, ten tres fillos varóns.
- Exerce a súa actividade profesional na Escola Infantil da USC.
- Debuxante, pintor afeccionado e autodidacta.
- O traballo con nenos e nenas de 0-3 anos axúdalle na observación e interpretación das liguaxes non verbais.
PENSAMENTO
- Declárase humanista, admirador do Renacemento, cre que a arte e como non, a poesía, pertencen o universo do persoal, cre que ista non só se atopa no espazo da creación literaria, senón en todo aquilo que no mundo natural e das relacións humanas sexan quen de nos emocionar. Non cre que a beleza teña que ser un concepto antagónico a idadade, a enfermidade, ou calquera outra cousa que discrimine por non axustarse o modelo que nos impón o mercantilismo.
MESTRES QUE MOITO LLE ENSINARON E DOS QUE ALGO APRENDEU
- Na súa formación académica tivo como profesores a,
- Antonio Moragón, pintor toledano afincado en Compostela quen lle abreu os seus abraiados ollos de neno á maxia do debuxo.
- Ricardo Lafarga Caro (León), aprendeulle durante catro anos os segredos do debuxo lineal e industrial.
- Manuel López Garabal (Compostela), amosoulle a súa galeguidade facendo unha festa de cor retratando o mundo rural, a Rosalía, e outras persoas do seu círculo familiar.
OBRA
- Ós dez anos debuxa e escribe xunto a Javier Castro Rey (hoxe xornalista), un xeito de publicación para o círculo de amigos da nosa idade baixo a cabeceira de Laureles.
- Na súa mocidade fai portadas e traballos diversos na revista xuvenil Senra.
- Debuxos de moda feminina para método de corte.
- Pintura debuxo e maquetación de catálogos para empresa de artesanía.
- Debuxos de nenos e nenas da escola infantil.
- Pinturas e debuxos varios.
- Cartaces para festas populares.
EXPOSICIÓNS E PREMIOS
- Fixo unha mostra individual e varias colectivas. Nuha delas obtivo o primeiro premio pola obra Xanelas azuis de técnica mixta. A prensa e a radio de Galiza fixéronse eco da mostra. Na entrevista radiofónica, dixo que se consideraba un artista guadiana que tras periodos de inactividade volve a raparecer facendo cousas. Neste momento desexa que o río da creación teña continuidade e que o faga do xeito mais longo, ancho e profundo posibel.